Saturday 18 de May de 2024

Visita a centenario Antonio González Váquez


O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, visitou onte, domingo 5 de novembro, a Antonio González Vázquez, un veciño de Bemantes que o pasado venres, 3 de novembro, cumpriu un século de vida.

O rexedor, ademais de manter unha amena charla co cumpleañero, entregoulle un obsequio en representación do Concello de Miño.

“Son 100 anos moi ben levados por unha persoa entrañable, chea de recordos e historias, que ben merecen a celebración que viviu onte. Foi un orgullo compartir un día tan emotivo con Antonio e a súa familia”, salientó Faraldo.